InicioOrientalRibadeoOPINIÓN: Pararse e reflexionar

OPINIÓN: Pararse e reflexionar

Publicada o

- Advertisement -

Carmen Cruzado, xornalista

É difícil dixerir todo o que está a acontecer ao noso ao redor. Radio, televisión, prensa ou redes sociais, dá igual; case todo o que nos chega é terrible. De verdade que non hai ninguén capacitado e disposto a parar os horrores que xera unha guerra? Cantas máis mortes de inocentes haberá que soportar? A quen benefician as guerras? Ata onde están dispostos a chegar os mandatarios deste mundo no que vivimos? É urxente pararse e reflexionar. E máis urxente é a paz. Estamos en pleno século XXI e ás veces dá a sensación de que retrocedemos moito no tempo.

Detéñome agora a comarca da Mariña. Más de 2.500 hectáreas de monte arderon hai uns días. As imaxes son desoladoras. Non houbo que lamentar desgrazas persoais nin a perda de vivendas, pero moitas veciñas e veciños pasaron moito medo pola proximidade das chamas. As leis están para cumprilas, hai que velar porque se cumpran, hai que insistir e conseguir que as árbores non estean pegados aos núcleos de poboación. Os montes teñen que estar limpos. E toca localizar, deter e castigar a quen de forma intencionada planta lume nun día cos termómetros por encima dos 30 graos e soprando forte vento. Os incendios son noticia, pero os incendiarios non.

Parémonos e reflexionemos un pouco sobre todo o que está a ocorrer. Vivimos nun mundo no que cada un mírase e preocúpase polo seu embigo, sen importarlle nada o dos demais. Pasamos unha pandemia, que o puxo todo patas para arriba. E recordo a frase: “sairemos mellores”… Saímos mellores? É triste dicilo, pero eu creo que non.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...