InicioOccidentalXoveTodo listo para a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña...

Todo listo para a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña en Xove para gozar deste prato típico

A cita será este sábado 19 a partir das cinco da tarde no Pavillón Municipal de Xove onde estará todo preparado para a festa e posterior foliada.

Publicada o

- Advertisement -

Xove celebra este sábado 19 de novembro a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña para animar tanto aos veciños como xente de fóra a disfrutaren dun encontro onde, á parte da gastronomía haberá tamén obradoiros infantís.

Os obradoiros están previstos para as cinco da tarde e están destinados para nenos a partir de catro anos. Traballaranse complementos artesanais e instrumentos musicais. Ás oito e media abrirase o acto central coa degustación dos menús tradicionais preparados pola xente da Asociación Saíñas e que ao final incluirán unha chocolatada.

A partir das 22:30 comezará a actuación dos diferentes grupos anunciados para a noite de foliada. Estarán Cordenaia, de Cervo, Os do 21 do Vicedo, Fol do Raxal de Cervo e Gaiteiros e Cantareiros de Saíñas de Xove.

Haberá tamén dous sorteos, o primeiro para unha estancia nun hotel de catro estrelas e spa e o segundo será unha mariscada no recoñecido restaurante Louzao.

O presidente da Asociación Saíñas de Xove, Jairo Míguez Baño, sinala que esta Festa e Foliada naceu coa idea de “recoller un diñeiro que nos permita sacar adiante proxectos desde a nosa Asociación”. Así foi como se creou “un encontro onde se ofrecera un plato típico en que se inclúen lacón, patacas, chourizo, sopa, bebidas e unha chocolatada sobre as once e media e doce da noite”. Con todo, varias horas antes, os voluntarios tanto de Saíñas e xente que se achegue, comezarán os labores de cociña asesorados por un experto na elaboración destes platos típicos.

O desenvolvemento da XV Festa do Lacón e Foliada de Xove será no Pavillón Municipal do concello. Esta é a primeira vez que ambas as dúas celebracións se organizan xuntas. Anteriormente cada unha tiña a súa data. “O noso obxectivo é atraer o maior número de persoas posible e tamén a acoller as diferentes actividades proframadas tanto para os maiores como para os pequenos”. As estimacións prevén unha asistencia de catrocentas persoas nun espazo como é o polideportivo municipal.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...