InicioOccidentalXoveXove recupera a Festa do Ramo no Alto do Cruceiro-Xuances catorce anos...

Xove recupera a Festa do Ramo no Alto do Cruceiro-Xuances catorce anos despois da última celebración

En canto ao programa de actividades, destaca a celebración da Festa dos Calos, na súa décimo cuarta edición, e que terá lugar o venres 30 de setembro a partires das 8 da tarde.

Publicada o

- Advertisement -

A Festa do Ramo está organizada pola Asociación Cultural e de Festexos “Alto do Cruceiro”, da cal formamos parte, organizando por décimocuarto ano consecutivo a Festa do Ramo, a cal terá lugar o venres 30 de setembro, sábado 1 e domingo 2 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 14 anos sen celebrarse.

O lugar de celebración será no Campo da Festa “Onofre Louzao”, un recinto inaugurado hai cinco anos en honra a Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 7 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Ante posibles incidencias climatolóxicas erguerase unha carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes haberá aparcamentos no entorno do campo da festa.

En canto ao programa de actividades, destaca a celebración da Festa dos Calos, na súa décimo cuarta edición, e que terá lugar o venres 30 de setembro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica onde os participantes aboarán un prezo de 6 €uros para poder degustar unha ración de calos, pan e viño. En total repartiranse máis de 1.000 racións.

Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa haberá un posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 6 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de calos. A festa rematará co programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra Ritmo Joven e unha Disco Móvil.

 

En canto ao programa de actividades previsto para o sábado 1 de outubro:

– ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.

– ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do Grupo Atenas.

-ás 22:30 horas: Verbena co Grupo Atenas e a Discomóvil Conxuro.

Para rematar a festa, o domingo 2 de outubro, teremos:

14:00 horas: Sesión Vermú co Dúo Zafiro.

 

 

 

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...