InicioOccidentalXoveVinte e sete xogadores chegan á final do campionato de bolos en...

Vinte e sete xogadores chegan á final do campionato de bolos en Xove esta pasada fin de semana

O Club de Bolos Xove meteu nesta ronda final a 4 xogadores, 1 na categoría de superveteranos e 3 na categoría de veteranos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove acolleu o Campionato de España de Bolos Celtas  esta fin de semana pasada nas parroquias de Sumoas e Lago, dentro da categoría de veteranos.

A esta ronda final chegaron 27 xogadores, despois das eliminatorias realizadas en Madrid, Asturias e Galicia. O Club de Bolos Xove meteu nesta ronda final a 4 xogadores, 1 na categoría de superveteranos e 3 na categoría de veteranos.

No referente á participación dos xogadores por parellas, Ginés Rodriguez e Pedro Lago, club de bolos Estivada de Baiona, fixéronse co Subcampionato de España na modalidade de parellas, nunha apretada final con resultado de 6-5 para a parella formada por Alberto Gonzalez do Club de Bolos San Cibran de Gondomar e Alberto Rodriguez, Club de Bolos Xunqueira de Gondomar, que resultaron campións. Terceiros na modalidade de parellas foron Manuel Rouco do Club de Bolos Santiago de Parada e José Rodríguez, Club de Bolos Mañufe.

Cuartos nesta modalidade foron José Almeda, Club de Bolos San Cibran de Gondomar e Guillermo Fernandez, Club de bolos Ribatra de Ribadeo. Na modalidade individual os resultados foron os seguintes:

 

1.- JOSE RODRIGUEZ (Club de Bolos Mañufe de Gondomar)

2.- JOSE RAMON DIOS (Club de Bolos Medialdea de Baiona)

3.- PEDRO LAGO (Club de Bolos Estivada de Baiona)

4.- MARCELINO RODRIGUEZ (Club de Bolos Xove)

CATEGORIA SUPERVETERANOS

1.- MANUEL GONZALEZ (Club de bolos Belesar Urgal de Baiona)

2.- REGINO VELASCO (Club de bolos Los Serenos de Tineo)

3.- JOSE RIESGO (Club de bolos La Panera de Cangas del Narcea)

4.- ALFREDO CAMPO (Club de bolos del Centro Asturiano de Madrid)

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...