InicioOccidentalXoveXove fai unha recollida de material de primeira necesidade con destino a...

Xove fai unha recollida de material de primeira necesidade con destino a Ucraína

Publicada o

- Advertisement -

Dende o Concello de Xove acaba de porse en marcha unha campaña para apoiar ao pobo de Ucraína. Con esta campaña preténdese recoller materiais de primeira necesidade. A finalidade é axudar a paliar todas as carencias que neste momento están a sufrir millóns de ucraínos pola atroz guerra derivada da invasión rusa.

O punto de recollida de todos os productos vai estar no Centro de Información Xuvenil de Xove, aberto diariamente de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Dentro dos produtos que se piden, temos:

Alimentos:

-Comida non perecedeira.

-Comida preferentemente enlatada, iso sí, non en tarros de cristal.

Roupa, para adultos e infantil:

-Roupa térmica.

-Mantas.

-Sacos de Dormir.

Produtos de hixiene e aseo:

-Xel, xabón, esponxas, tampóns, compresas,….

-Para nenos cueiros, panos húmidos…

Produtos sanitarios:

-Gasas, vendas, apósitos, alcohol, produtos antisépticos,…

Produtos de supervivencia:

-Pilas, mistos, chisqueiros, etc.

Desde o Concello sinalan que “esta é unha relación moi breve do que se pode aportar. Lóxicamente, cada un, segundo as súas posibilidades, pode ampliar esta relación de produtos como lle pareza, pero sempre pensando no destino dos mesmos”.

Dende o Concello piden a toda a veciñanza que apoien esta campaña para mostrar toda a solidariedade que poidan, xa que é o momento de estar ao lado do pobo de Ucraína. “Temos que axudar a que a crise humanitaria que xa están a padecer os ucraínos se reduza o máximo, temos que, na mediada do posible, tentar de aliviarlles o seu sufrimento”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...