InicioOccidentalXoveXove inicia a inscrición dos cursos da piscina municipal para o primeiro...

Xove inicia a inscrición dos cursos da piscina municipal para o primeiro semestre de 2022

O período de inscrición comezará o día 29 de novembro e rematará o día 2 de decembro.

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre do ano 2022, de xaneiro a xuño. O período de inscrición comezará o día 29 de novembro e rematará o día 2 de decembro.

A inscrición para alumnos censados en Xove será do 29 ao 30 de novembro entre as 10:00 e as 13:00 horas. Será na Aula Multideportiva Municipal, fronte a Residencia da Terceira Idade.

Aqueles alumnos de fóra de Xove que desexen participar nos cursos poderán facer a inscrición entre o 1 e o 2 de decembro en horario de 10:00 a 13:00 horas, tamén na Aula Multideportiva Municipal.

Os cursos dividiranse en niveis de iniciación e perfeccionamento. En Iniciación os niveis serán Branco e Amarelo para maiores de cinco anos. Impartiranse de xaneiro a febreiro, de marzo a abril e de maio a xuño. Os días programados serán luns, mércores e venres para Branco, logo martes e xoves para Amarelo. Os horarios serán 16:30, 17:30 e 18:30 horas.

Para as categorías de Perfeccionamento, que son os Niveis Verde, Azul e Vermello, para maiores de 6 anos, as aulas celebraranse de xaneiro a febreiro, de marzo a abril e de maio a xuño. Os horarios tamén serán 16:30, 17:30 e 18:30 horas. O reparto en días será igual ao de iniciación, primeiro grupo luns, mércores e venres. O segundo martes e xoves.

Os prezos para acceder a estes cursos son para as persoas xa abonadas á piscina municipal 25€ por curso. Para persoas non abonadas á piscina, 50€ por curso.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...