A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de outubro ata o venres 16, ambos os incluídos, polo inicio dos traballos de aglomerado en quente nesta vía, que comunica Xove co Portiño de Morás.
Tal e como trasladou o Goberno provincial en nota de presa, os cortes afectarán o tramo comprendido entre o punto quilométrico 2,800 e o final da estrada.
Para facilitar a circulación, habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Os traballos na vía están a ser executados pola empresa Jose Non Mantiñan e fillos Construcións, S.A.
