Os vindeiros días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro, esta estrada permanecerá cortada ao tráfico con motivo dos traballos de mellora da ponte da Barxa.
Durante estes días levaranse a cabo estudos xeotécnicos necesarios para obter información que permita planificar e executar adecuadamente as actuacións de mellora desta infraestrutura. Para realizar estes traballos é imprescindible que a maquinaria e o equipo humano poidan traballar in situ na propia ponte, polo que non será posible manter o tráfico rodado pola vía.
Por este motivo, recoméndase aos usuarios e usuarias que utilizan habitualmente esta ruta que empreguen outras vías alternativas e paralelas durante os días indicados.
Só se permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa.
Desculpen as molestias que este corte poida ocasionar e agradecemos a súa comprensión e colaboración.
