InicioOccidentalXoveA Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Xa pola tarde celebrarase o agardado concurso de marcha, no que os cabalos participarán tras seren medidos por un xuíz, establecéndose dúas categorías: exemplares de menos de 1,50 metros e exemplares de máis de 1,50 metros de alzada.

Publicada o

- Advertisement -

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais, o recinto feiral de Penas Agudas, na parroquia de Monte (Xove), acollerá a tradicional Feira de Gando do San Bartolo, unha cita xa consolidada no calendario festivo e gandeiro da Mariña lucense.

A xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Durante a mañá desenvolveranse os tradicionais concursos gandeiros, nos que se premiará ao gandeiro ou gandeira que presente o maior número de reses cabalares e tamén ao que achegue o maior número de reses vacunas, recoñecendo así o esforzo e a implicación dos profesionais do sector.

Xa pola tarde celebrarase o agardado concurso de marcha, no que os cabalos participarán tras seren medidos por un xuíz, establecéndose dúas categorías: exemplares de menos de 1,50 metros e exemplares de máis de 1,50 metros de alzada.

O programa completarase cunha misa solemne ás 11.00 horas na igrexa parroquial de Monte. Ao remate terá lugar unha sesión vermú con animación musical, que continuará durante a tarde para crear un ambiente festivo en todo o recinto e ofrecer unha xornada de convivencia para a veciñanza e visitantes.

A organización, a cargo da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Costa de Laxamoura, anima á cidadanía e aos visitantes a achegarse ata Penas Agudas para gozar dunha feira que representa unha parte fundamental da historia e da identidade da parroquia de Monte.

Ademais de poñer en valor a riqueza do sector gandeiro, a Feira do San Bartolo constitúe un punto de encontro para compartir tradicións, impulsar o mundo rural e desfrutar dunha xornada festiva en contacto coa natureza e cos animais.

Desde o Concello de Xove, como ente colaborador, convídase tamén a todas as persoas a visitar a feira e a desfrutar desta cita única, onde a paixón polos animais, a tradición gandeira e a hospitalidade da parroquia de Monte convértense, un ano máis, nos grandes protagonistas.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...