InicioOccidentalXoveCampamento de verán en Morás, Xove

Campamento de verán en Morás, Xove

Publicada o

- Advertisement -

Durante os días 3, 4 e 5 de agosto un grupo de 45 nenas e nenos, de idades comprendidas entre 9 e 15 anos, gozan duns días de campamento en Morás. Esta actividade está encadrada dentro de Xuventude no Programa de Verán do Concello de Xove.

Nestes tres días, dende a saída o luns ás 10:00 ata o regreso o mércores ás 18:00 horas, teñen un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprende desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, surf na praia de Esteiro, tiro con arco, xincana e moitos xogos máis para o máximo goce da rapazada participante.

Esta actividade está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...