InicioOccidentalXoveXornada de seguridade en Xove para divulgar o Plan de Emerxencia Exterior...

Xornada de seguridade en Xove para divulgar o Plan de Emerxencia Exterior do depósito de barros vermellos

A sesión xurdiu froito dunha primeira reunión o pasado novembro con veciños de Morás, a parroquia máis próxima á instalación, onde Alcoa e o Concello puideron recoller un alto interese por comprender mellor o Plan de Emerxencia Exterior en vigor.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove e Alcoa celebraron este xoves unha xornada de seguridade conxunta para dar divulgación ao actual Plan de Emerxencia Exterior (PEE) do Depósito de Barros Vermellos. O encontro estivo liderado polo alcalde, Demetrio Salgueiro.

Por parte do Servizo de Emerxencias, participou Mario Antuña, quen compartiu coas veciñas e veciños as pautas que hai que seguir en caso de activación do Plan. Antuña explicou as fases do procedemento, establecido en prealerta, alerta e evacuación, e lembrou a importancia de prestar atención á información proporcionada só en fontes oficiais.

Por parte de Alcoa, Raquel Vázquez, directora da planta de Alúmina, explicou as cuestións técnicas da instalación e o proxecto de recrecido para a cota 110 que se está tramitando para o depósito. Actualmente a compañía está a levar a cabo os traballos para elevar a cota de 100 a 104 metros.

A sesión xurdiu froito dunha primeira reunión o pasado novembro con veciños de Morás, a parroquia máis próxima á instalación, onde Alcoa e o Concello puideron recoller un alto interese por comprender mellor o Plan de Emerxencia Exterior en vigor.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...