InicioOccidentalXoveXove celebra a Romaría do Santo Antonio Ventureiro na Rigueira o 13...

Xove celebra a Romaría do Santo Antonio Ventureiro na Rigueira o 13 de xuño

Como cada ano, os romeiros irán identificados cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes da romaría, e irán selándoo nos puntos habilitados ata chegaren á igrexa

Publicada o

- Advertisement -

Dende o departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase outro ano máis a Recuperación da Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira, o próximo 13 de xuño. Este ano é unha edición especial xa que, despois da declaración por parte do Consello de Turismo de Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2023, é o primeira vez que a festividade cae en sábado, polo que se espera unha gran concorrencia de público.

Ata o próximo 11 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove para obteren a Ventura e a flor do San Antonio ó concluír o camiño. Poden anotarse no despacho da socióloga do Concello, ou chamando ao teléfono: 982592001, ou tamén enviando un correo electrónico a: lucia@xove.es

Como cada ano, os romeiros irán identificados cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes da romaría, e irán selándoo nos puntos habilitados ata chegaren á igrexa. Nesta edición, como nas anteriores, e co apoio da Comisión de Festas, non se usarán bombas de palenque durante os actos da romaría. Esta iniciativa é cada vez máis apoiada por todas as persoas participantes.

No traballo de investigación para a recuperación da romaría realizado no 2009 identificáronse ata oito rutas para chegar á igrexa. As rutas están sinalizadas con frechas e con paneis informativos ao inicio de cada unha delas, e a súa elección depende de cada romeira. Aínda que a maioría prefiren saír do centro de Xove sobre as 10:00 ou 10:30 da mañá, para chegaren á primeira misa dos romeiros ás 13:00h, mantendo así o carácter veciñal que sempre tivo esta festa.

PERMISOS FOGUEIRAS SAN XOÁN E SAN PEDRO

O Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove informa da apertura do prazo para a comunicación das tradicionais fogueiras de San Xoán e San Pedro. No caso das fogueiras de San Xoán, o prazo permanecerá aberto dende o 1 ata o 19 de xuño, mentres que para as fogueiras de San Pedro o período de comunicación será dende o 1 ata o 25 de xuño.

Dende o Concello quérese contribuír a manter viva unha das tradicións máis arraigadas da nosa cultura popular, unhas celebracións nas que o lume cobra especial protagonismo. Pero ao mesmo tempo, recórdase á veciñanza que nesta época do ano os permisos ordinarios de queima atópanse suspendidos e que a situación climatolóxica actual supón un risco elevado de incendios forestais. Por este motivo, faise un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento das medidas de seguridade establecidas para evitar calquera incidente.

O Concello de Xove agradece a colaboración da cidadanía para poder compatibilizar a celebración destas festas tradicionais coa seguridade, a prevención de lumes e a protección do noso medio natural.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...