A Biblioteca Municipal de Xove vén de facer público o fallo do xurado do Concurso das Letras Galegas 2026, certame que organiza anualmente con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e que nesta edición estivo dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño.
O concurso contou con participación de alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, que presentaron traballos inspirados na vida, obra e legado dunha das voces máis destacadas da literatura galega contemporánea. O xurado, formado por membros de asociacións rexistradas no concello abalou a creatividade e o compromiso coa lingua e cultura galegas amosados polas persoas participantes.
Os premiados son:
Categoría Educación Infantil:
-Xare González Celaya
-Enzo Santos Soto
-Elsa Baño Bouza
Categoría 1º e 2º Educación Primaria:
-Carmela Miguez Varela
-Isabella Lozada Salinas
Categoría 3º e 4º Educación Primaria:
-Valeria Vilasa Posada
Categoría 5º e 6º Educación Infantil:
-Ainara Sánchez Lage
-Alba Maseda Franco
-Lía Casabella Gacio
Categoría de 1º a 4º ESO
-Marcos Mariño Ferrería
As persoas premiadas recibirán os seus galardóns nun acto público que terá lugar proximamente nas instalacións do CEIP Pedro Caselles de Xove, nunha xornada de homenaxe á autora e de celebración das nosas letras.
Desde a organización quérese agradecer a participación de todos os centros educativos, familias e persoas colaboradoras que fan posible que este certame continúe consolidándose ano tras ano como unha referencia cultural no municipio á vez que agradecer tamén o traballo do xurado.
