InicioOccidentalXoveXove presenta o seu programa de actividades para o 8-M

Xove presenta o seu programa de actividades para o 8-M

Co punto de atención en que este 8M se reivindique o aumento de conciencia sobre a corresponsabilidade na educación e coidados familiares, o Concello de Xove organizará durante os meses de marzo e abril, tres faladoiros destinados a familias e docentes

Publicada o

- Advertisement -

¡
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade presentou esta semana o programa do 8M. Os actos comezarán o domingo 8 de marzo coa reivindicativa Andaina pola Muller. Despois a tradicional Chocolatada onde, ademais de merendar, vaise conmemorar ás primeiras mulleres emprendedoras do comercio de Xove, coa asistencia das homenaxeadas e a proxección dun vídeo onde narrarán a súa experiencia como empresarias nunha época na que o mundo dos negocios aínda era un ámbito reservado ós homes.

Ademais, este ano 2026, desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade puxo especial interese en reivindicar a corresponsabilidade entre homes e mulleres nos procesos educativos e de coidado familiar. Pois a dobre carga de traballo das mulleres: laboral e familiar, segue a ser un dos elementos de desigualdade máis invisibles e que máis afecta á nosa estrutura social. Da falta de corresponsabilidade na educación e coidado familiar deriva en amplo abandono de carreiras e proxeccións laborais por parte das mulleres, estatísticas amplamente feminizadas en materia de contratación a tempo parcial, a caída da natalidade, o sobrecargo orzamentario aos servizos públicos de coidados, entre outras complicacións de importante dimensión social.

Co punto de atención en que este 8M se reivindique o aumento de conciencia sobre a corresponsabilidade na educación e coidados familiares, o Concello de Xove organizará durante os meses de marzo e abril, tres faladoiros destinados a familias e docentes, co obxectivo de promover modelos relacionais máis igualitarios, observables no ámbito familiar e educativo. Estes faladoiros son cofinanciados pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...