InicioOccidentalXoveXove entrega premios do concurso de postais de Nadal da Biblioteca Municipal

Xove entrega premios do concurso de postais de Nadal da Biblioteca Municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove celebrou este venres a entrega de premios do tradicional Concurso de Postais de Nadal, organizado cada ano pola Biblioteca Municipal de Xove. O acto tivo lugar no CEIP Pedro Caselles Rollán e reuniu, nun bonito encontro, a todo o alumnado premiado tanto deste centro educativo como do IES Illa de Sarón. Os premios foron entregados polo alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín.

Os gañadores e gañadoras desta edición foron os seguintes:

  • Categoría Educación Infantil: Lara Díaz, Vera Insua e Elsa Baño.
  • 1º e 2º de Educación Primaria: Xoel Sánchez, María García e Clara Casariego.
  • 3º e 4º de Educación Primaria: Jimena Paleo, Anaïs Romero e Alejandro Loyola.
  • 5º e 6º de Educación Primaria: Jesús López, David Burgos e Paula Fernández.
  • ESO: Óscar Bertolo, Paula Pérez e Andrés Alcalde.

Desde o Concello de Xove queremos agradecer a participación, felicitar ás persoas premiadas e recoñecer tamén o labor do xurado, composto por membros de asociacións inscritas no Concello de Xove, que de maneira totalmente desinteresada realizan cada ano o complexo traballo de valorar as numerosas postais presentadas.

Grazas a todos e todas pola vosa implicación. A Biblioteca Municipal de Xove xa está a traballar na próxima convocatoria: o Concurso de Caretas de Entroido.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...