InicioOccidentalXoveA única explotación de porco celta de Xove recibe a visita da...

A única explotación de porco celta de Xove recibe a visita da Consellería de Medio Rural

Trátase da explotación Casa Labradela, situada na parroquia de A Rigueira, e xestionada polos irmáns José Ángel e Shaila García

Publicada o

- Advertisement -

A Conselleira do Medio Rural, María José Gómez, desprazouse este pasado sábado ao concello de Xove para visitar, acompañada do alcalde Demetrio Salgueiro, a única explotación de porco celta existente neste municipio. Trátase da explotación Casa Labradela, situada na parroquia de A Rigueira, e xestionada polos irmáns José Ángel e Shaila García.

Casa Labradela leva 4 anos apostando pola cría de porco celta en réxime extensivo, unha actividade que compatibilizan tamén coa explotación apícola, bovina e cabalar, mantendo así un modelo de produción diversificado e vencellado ao territorio.

Durante a visita, a conselleira interesouse pola xestión da explotación en extensivo e polo papel que este tipo de iniciativas desempeñan na recuperación e posta en valor do porco celta, unha raza autóctona galega en perigo de extinción. Así mesmo puxo en valor o compromiso dos gandeiros coa conservación da biodiversidade e co desenvolvemento do medio rural.

María José Gómez tamén coñeceu de primeira man o proceso de produción do mel que comercializan os irmáns García baixo a marca Casa Labradela, destacando a importancia da apicultura como actividade complementaria e sustentable, así como a aposta pola comercialización de produtos de calidade ligados ao territorio.

Esta visita enmárcase no apoio da Consellería do Medio Rural ás explotacións familiares que contribúen á conservación das razas autóctonas e ao fortalecemento do rural galego.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...