InicioOccidentalXoveXove pecha a programación de Nadal, a pesar do mal tempo, coa...

Xove pecha a programación de Nadal, a pesar do mal tempo, coa Cabalgata de Reis

O desfile contou tamén con carrozas infantís cheas de elfos, personaxes Disney, Mickey e Minnie, así como numerosos pastores que acompañaron e animaron ás Súas Maxestades ao longo de todo o traxecto.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove deu por rematada a programación de Nadal coa tradicional Cabalgata de Reis, que percorreu as rúas do municipio a pesar das condicións meteorolóxicas adversas. Aínda que as baixas temperaturas e a ameaza de choiva marcaron a xornada, o desfile puido celebrarse con éxito grazas á implicación e ilusión do público asistente, que arroupou ás Súas Maxestades durante todo o percorrido.

Os Reis Magos iniciaron a súa visita cun encontro moi especial cos residentes da Residencia San Bartolomeu, onde recibiron numerosas mostras de cariño. Posteriormente, á espera de que o tempo o permitise, partiron dende o punto de saída para realizar o percorrido acompañados de paxes e cabaleiros, que transportaban nas angarellas dos seus cabalos centos de paquetes destinados aos nenos e nenas de Xove.

O desfile contou tamén con carrozas infantís cheas de elfos, personaxes Disney, Mickey e Minnie, así como numerosos pastores que acompañaron e animaron ás Súas Maxestades ao longo de todo o traxecto.

Á súa chegada ao Pavillón de Deportes, os Reis Magos recibiron a todos os nenos e nenas, que, acompañados de Mickey e Minnie, gozaron da animación musical da disco móbil Conxuro, pechando así a xornada cun ambiente festivo antes da noite máis máxica do ano, marcada pola ilusión e a espera dos agasallos.

Dende o Departamento de Cultura do Concello de Xove queremos agradecer a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, colaboraron nas actividades organizadas dentro da programación cultural do Nadal 2025-2026: aos operarios municipais, que dedicaron innumerables horas á posta a punto de todos os espazos; aos membros da Escola Municipal de Música de Xove; aos colaboradores do Karaoke de Nadal; a Papá Noel; aos Reis Magos; aos paxes reais; elfos; pastores; Mickey, Minnie e demais personaxes Disney.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

A conselleira de Mar defende en Burela a sustentabilidade do sector pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este xoves en Burela a sustentabilidade do...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...