InicioOccidentalXoveDía da Infancia en Xove este domingo

Día da Infancia en Xove este domingo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove celebra este ano unha das súas xornadas máis especiais dentro da programación do nadal: o Día da Infancia, unha actividade pensada para facer as delicias dos máis pequenos da casa. Esta celebración terá lugar o domingo, 4 de xaneiro, converténdose no colofón perfecto antes de despedir as festas co seu punto máis destacado: a tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá –so o tempo o permite- as rúas de Xove o día seguinte, 5 de xaneiro.

Durante toda a xornada do domingo, os nenos e nenas poderán gozar dunha ampla oferta lúdica pensada exclusivamente para eles. En horario de mañá e tardea Piscina Municipal acollerá divertidos xogos acuáticos, nos que os rapaces poderán participar e pasalo en grande.

Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, a diversión trasladarase ao PavillónMunicipal, onde haberá diferentes inchables para saltar, xogar e desfrutar sen límite.

O obxectivo desta iniciativa é que os máis pequenos vivan unha xornada inesquecible, chea de actividades deseñadas para o seu entretemento e diversión, e que poidan descansar logo dunha tarde intensa… porque ao día seguinte a visita dos Reis Magos de Oriente volverá encher Xove de emoción, maxia e expectación.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...