InicioOccidentalXoveO Concello de Xove continúa coa programación cultural do Nadal 2025-2026

O Concello de Xove continúa coa programación cultural do Nadal 2025-2026

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove continúa este sábado, 3 de xaneiro, coa súa programación cultural do Nadal 25-26 cunha proposta musical dirixida a todos os públicos. A cita será ás 7 da tarde no salón de actos, onde terá lugar o concerto dos Acordeonistas da Mariña.

Este espectáculo musical fará as delicias de todos os afeccionados e afeccionadas a este instrumento tan querido e con tantos adeptos no noso concello. O público poderá gozar dun variado repertorio de pezas interpretadas ao acordeón, nunha actuación que promete emoción, tradición e calidade artística.

Desde o Concello de Xove anímase á veciñanza e visitantes a achegarse e participar nesta actividade, que forma parte dunha ampla programación cultural pensada para dinamizar o nadal e ofrecer alternativas de lecer e cultura para todas as idades.

CABALGATA DE REIS

A Concellería de Cultura do Concello de Xove informa da chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao noso concello, unha das citas máis agardadas destas datas tan especiais. As Súas Maxestades chegarán cedo a Xove para realizar unha visita moi especial á Residencia San Bartolomé, onde os seus usuarios e usuarias, sempre tan agradecidos, recibirán aos Reis con moito cariño e emoción.

Posteriormente, os Reis Magos desprazaranse á nave-almacén do Concello, punto de saída do tradicional desfile das carrozas polas rúas de Xove, que arrancará ás 7 da tarde. O percorrido pasará por diante dos dous centros educativos do municipio, o Instituto e o Colexio, saíndo á Avenida Deputación pola que seguiran ata o cruce do parque e baixaran pola rúa Doutor José Baamonde Illade, desde onde se dirixirán cara ao Centro Cívico.

Unha vez alí, as Súas Maxestades baixarán das carrozas para dirixirse ao Pavillón Municipal. Neste espazo, os Reis Magos terán unhos tronos onde sacarán fotografías e recibirán a todos os nenos e nenas que queiran achegarse ao seus regazos para compartir ilusións e desexos.

A noite estará amenizada con animación musical a cargo do DJ Conxuro, que fará gozar a todo o público presente.

Desde a organización estarase moi pendente da previsión meteorolóxica. E á hora da saída , ás 7 da tarde, no caso de que as condicións do tempo sexan adversas, activarase un plan alternativo que consistirá no traslado directo dos Reis Magos e dos seus colaboradores ao pavillón municipal, garantindo así que os máis pequenos poidan gozar igualmente deste momento tan especial e non perdan a ilusión.

A Concellería de Cultura quere expresar o seu agradecemento a todas aquelas persoas que, de maneira totalmente desinteresada, colaboraron para que tanto esta Cabalgata como o conxunto das actividades de nadal programadas se desenvolveran con éxito. En especial, aos operarios municipais, e a Papá Noel, Reis Magos, paxes reais, elfos, personaxes Disney, pastores e pastoras, e cabaleiros que arribaron en Xove.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...