InicioOccidentalXoveXove celebra o fin de ano cunha festa infantil

Xove celebra o fin de ano cunha festa infantil

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove continúa coa súa programación cultural do nadal 25-26 e convida a todos os nenos e nenas do municipio a participar na xa tradicional Festa Infantil de Fin de Ano, que se celebrará mañá mércores 31 de decembro ás 11:00 horas no Pavillón Municipal.

A xornada comezará cunha festa con música, xogos e actividades pensadas especialmente para que os máis pequenos da casa poidan despedir o ano dun xeito divertido e participativo.

Ás 12.00 do mediodía, e sempre que o tempo o permita, está previsto que os nenos e nenas tomen as tradicionais uvas coas doce campanadas de mediodía, seguindo o reloxo da praza do Centro Cívico. Tras este momento simbólico, a celebración continuará dentro do pavillón con máis música e animación para pechar o ano cun bo ambiente festivo.

O Concello de Xove anima aos máis pequenos a achegarse e participar desta festa pensada para que a infancia viva tamén o espírito do nadal e a ilusión da chegada dun novo ano e para que teñan un momento divertido e especial no que poidan desfrutar xuntos desa experiencia festiva adaptada ás súas idades.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...