InicioOccidentalXoveO XIII Concurso de Karaoke de Nadal en Xove cunha ampla participación

O XIII Concurso de Karaoke de Nadal en Xove cunha ampla participación

Publicada o

- Advertisement -

A décimo terceira edición do Concurso de Karaoke 2025 volveu demostrar por que é unha das citas máis agardadas do calendario festivo, reunindo veciñanza do pobo e visitantes de fóra que se achegaron para gozar dunha noite chea de música e emoción.

O Pavillón de Deportes estivo ateigado de público, que agardaba as actuacións dos participantes, moitos deles coñecidos da localidade. Tamén participaron concursantes de outras localidades de A Mariña e tamén da Coruña, Oviedo ou mesmo Cáceres e que se sentiron arroupados polo público. Foron numerosos os participantes que cubriron as tres categorías do certame —peques, iúnior e veteranos—, facendo gozar aos asistentes, que non deixaron de aplaudir e animar durante toda a velada. A velada estivo dirixida por décimo terceiro ano tendo como presentadora á veciña Vanesa Miguez.

Desde a organización agradeceron a magnífica acollida desta actividade por parte do público, así como o traballo do xurado e a implicación de todos os participantes.

Agardamos poder velos de novo na próxima edición do Karaoke de Xove, que xa será a décimo cuarta, e que, sen dúbida, volverá encher de música e ilusión unha noite do Nadal.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...