InicioOccidentalXoveVisita de Papá Noel a Xove

Visita de Papá Noel a Xove

Publicada o

- Advertisement -

Papá Noel visitou o 22 de decembro aos máis pequenos de Xove. Acompañado pola concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, o lexendario personaxe chegou dende o Polo Norte para repartir alegría e maxia nesta época navideña.

Esta tarde transladouse ao pavillón municipal, onde moitos nenos e nenas o esperaban coas suas cartas e os seus mellores desexos para este nadal. O ambiente encheuse de risas e emoción mentres Papá Noel escoitaba atentamente aos máis pequeniños e lles entregaba moreas de caramelos.

A festa continuou con unha tarde de xogos, bailes e diversión para toda a familia. Os máis pequenos desfrutaron de actividades lúdicas, mentres os maiores se unían á celebración con entusiasmo. Tanto rapaces como pais e nais pudieron desfrutar en familia dos múltiples xogos e bailes  preparados para todos os asistentes.

Ao longo de toda a tarde  poideron desfrutar dunha tarde moi animada con música, baile e moita diversión no pavillón municipal. Risas, moitas risas e sobre todo diversión caracterízaron esta tarde de luns onde o frío non impediu que se vivisen momentos moi divertidos.

A xornada concluiu compartindo un chocolate quentiño  e retiraronse coa emoción da tarde vivida e a ilusión da noite de noiteboa, coa esperanza posta nos agasallos desexados.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...