InicioOccidentalXoveAprobados os orzamentos de Xove para 2026 cun superávit de case un...

Aprobados os orzamentos de Xove para 2026 cun superávit de case un millón de euros

Publicada o

- Advertisement -

O Orzamento do Concello de Xove para o ano 2026, aprobado inicialmente no pleno do 19 de decembro, ascende a 9.212.000 € no seu Estado de Ingresos é de 8.222.000 € no Estado de Gastos, aprobándose cun superavit inicial de 990.000€ co fin de cumplir o obxectivo de estabilidade orzamentaria.

O Estado de Gastos supón un aumento de 428.000€ respecto ó ano 2025. E o Estado de Ingresos increméntase en 1.055.000€ respecto ó ano anterior. Os gastos de persoal supoñen un 45,70% e ascenden a 3.757.000€, no que se inclúen as subidas salariais anunciadas polo goberno.

Os gastos en bens correntes e servizos elévanse a 3.538.800€, un 43,04% do total. Sigue asignándose unha importante cantidade de 522.000€ para subvencións a asociacións, clubes e ós diferentes tipos de axudas municipais. Os investimentos previstos inicialmente para diferentes obras de mellora supoñen 400.000€.

No Capítulo 1, de Impostos Directos, no que se encadran IBI, Vehículos e sobre todo o IAE, estímase en 4.083.000€.

O Concello sinala que a política de gasto que máis incrementa a súa dotación é Servizos Sociais, debido ao incremento da dotación do servizo de axuda no fogar, os servizos de conciliación familiar ou o servizo de madrugadores posto en funcionamento a primeiros de curso.

O Capítulo 2, estímase un ingreso de 360.000€ por imposto de construccións.

No Capítulo 3, de Taxas e outros ingresos, estímanse 2.289.760€, capítulo que sube respecto ó ano 2025 pola previsión de incremento de recaudación ca taxa do 1,5 de vias e voos que pagan as empresas suministradoras de electricidade polo consumo derivado da entrada en funcionamento das cubas de Alcoa.

As Transferencias tanto do Estado como da Comunidade Autónoma para sufragar gasto corrente estímanse en 2.027.800€. Asimesmo, estímanse 180.800€ por ingresos patrimoniais e 270.000€ por transferencias de capital por diferentes subvencións que recibe anualmente o Concello. O orzamento, segundo o Concello de Xove, para o exercicio 2026 cumpre o obxetivo de estabilidade orzamentaria e do límite de débeda.

Entre as previsións do goberno está realizar unha modificación de crédito despois do primeiro trimestre de 2026, posto que nese momento disporemos de máis datos de ingresos reais, para así poder acometer novas, importantes e necesarias obras ó longo do ano que ven, como son a mellora da rede de abastecemento para mellorar a calidade da auga ou o cumprimento do convenio asinado ca Deputación de Lugo para o arranxo da rede viaria provincial.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...