InicioOccidentalXoveXove celebrará a XIII Edición do Concurso de Karaoke

Xove celebrará a XIII Edición do Concurso de Karaoke

O Concello de Xove anima a toda a veciñanza e visitantes a gozar dunha noite moi musical, divertida e chea de emoción, que cada ano fai as delicias do público asistente e contribúe a dar máis vida á programación cultural do nadal no municipio.

Publicada o

- Advertisement -

Xove acollerá o venres 26 de decembro ás 21:30 h no Pavillón Municipal de Deportes a XIII edición do seu tradicional Concurso de Karaoke, unha das citas máis destacadas e agardadas dentro da programación cultural do Concello para estas datas de nadal.

Para elo xa está aberto o prazo de inscrición e dende a organización animamos a todas as persoas, sexan profesionais do micrófono ou simples amantes da música, a anotarse xa para participar. Non importa a idade nin o estilo musical: o importante é pasalo ben e compartir un momento único.

Convertido xa nunha actividade de grande tradición e arraigamento no municipio, o Karaoke de Nadal de Xove destaca cada ano polo seu éxito de participación e pola crecente afección pola música con participantes tanto do propio concello como de concellos limítrofes. Trátase dunha das propostas máis animadas, festivas e familiares destas datas, reunindo a persoas de todas as idades nun ambiente lúdico, participativo e cheo de talento.

Nesta XIII edición, o concurso manterá a súa estrutura habitual con tres categorías: peques, iunior e veteranos e en cada unha delas entregaranse tres premios, distinguidos entre 2 á mellor voz e un á mellor caracterización.

En total repartiranse 900 euros en premios, recoñecendo así o esforzo, o talento vocal e a creatividade na posta en escena dos mellores participantes.

O Concello de Xove anima a toda a veciñanza e visitantes a gozar dunha noite moi musical, divertida e chea de emoción, que cada ano fai as delicias do público asistente e contribúe a dar máis vida á programación cultural do nadal no municipio.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...