O FAIO DE GENEROSA – Mercado de Nadal de Xove quere poñer en valor o talento e a calidade das pequenas empresas de Xove e da zona, así como fomentar que o comercio local sexa a primeira opción á hora das compras de Nadal.
A o departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove organiza O FAIO DE GENEROSA – II Mercado de Nadal de Xove, que terá lugar na Oficina de Turismo, o 20 e 21 de decembro de 2025. O horario de apertura do mercado será de 11h a 14:00h e 17h a 21h.
HORARIOS:
- Sábado 20 ás 11:00: Inauguración a cargo de Dolores Meitín (concelleira de cultura) e visita guiada por cada posto, onde a persoa emprendedora explicará a súa historia emprendedora.
- Sábado 20 ás 18:00h: Visita o mercado un misterioso personaxe que vén do ano 1925 en busca de Generosa Villalba
- Domingo 21 ás 11:00: Visita o mercado outro misterioso personaxe que vén do ano 1925 en busca de Generosa Villalba
- Domingo 21 ás 12:30: Actuación de XAORA Cantareiras: Cantares de Reis
- Domingo 21 ás 20:00: Sorteo dun baúl con produtos dos postos do FAIO DE GENEROSA, as rifas adquírense gratuitamente con cada compra igual ou superior a 10 euros.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:
- OBRADOIROS DE MANUALIDADES DE NADAL: CORAL PARDO EDUCACIÓN. Obradoiros Infantís de manualidades de Nadal, con Merenda. Avda. Deputación 24, Xove. Horario: Sábado e Domingo das 17:00 ás 21:00 h. PREZO: 5 €/H. e 15€/Toda a tarde
- RACIÓNS GENEROSA: CAFETERÍA ANTOXO. Avda. Deputación 28, Xove. Sábado 20 e Domingo 21 no horario habitual do negocio. PREZO. 6€/Unidade
- MENÚS GENEROSA:
- A FUGA. R/Tomás Mariño Pardo 8, Xove. Domingo 21. PREZO: 18€
- BAR PEPE. Avda. Deputación 71, Xove. Domingo 21. PREZO: 18€
MÁIS INFORMACIÓN: ofaiodegenerosa.xove
POR QUE SE CHAMA ASÍ:
O faiado é a parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado, en Xove chamámoslle faio. Un faio é un lugar cheo de memoria, sorpresas e obxectos de valor. No FAIO DE GENEROSA atoparemos iso: respecto polo pasado, intimidade, imaxinación, agarimo, identidade, creatividade, unión e coidado mútuo.
GENEROSA VILLALBA BALSA
Generosa naceu o 11 de xuño de 1862 nun Xove moi rural e moi pobre. A súa era unha familia xa bastante asentada antes de que seu irmán Manuel decidira emigrar a Arxentina onde fixo unha fortuna emprendendo un negocio baseado no comercio de encaixes. Este fito marcou un antes e un despois non só na vida de Generosa, senón tamén na vida do pobo.
Ela vivía moi acomodadamente no Pazo de Villalba, pero desde esa situación de privilexio que recoñecía, aporoveitou para asistir ás familias máis desfavorecidas entregándolles comida, roupa, diñeiro, libros e árbores froiteiras.
O 15 de decembro de 1926 morreu a causa dun cancro, a súa perda foi moi sentida polo pobo e sobretodo por seu irmán, que perdía á súa confidente, á súa aliada no auxilio de quen máis o necesitaba. Desde 1929 unha rúa local leva o seu nome, promovida por seu irmán, que quixo que se lembrase a Generosa, unha muller que sempre fixo honra do seu nome.
GENEROSA E O NADAL
Generosa doíase moito da situación de miseria na que vivía unha grande parte da poboación de Xove e xunto con seu irmán organizaba unha campaña de axuda nas festas de Nadal. Como na súa finca había moitas maceiras, repartían mazás para que nas casas puidesen facer compota e gozar dunha pouca de dozura polo Nadal.
A note de Reis a familia Villalba facía chegar unha cantidade de diñeiro a cada fogar do que coñecía a precaria situación, esta cantidade era fixada anualmente e servía dunha axuda inestimable nos fogares sen recursos.
