InicioOccidentalViveiroViveiro solicita a colaboración da Deputación para a conservación do Pastor Díaz

Viveiro solicita a colaboración da Deputación para a conservación do Pastor Díaz

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro remitiu á Vicepresidencia da Deputación de Lugo a memoria técnica «Obras de conservación e mantemento no Teatro Pastor Díaz de Viveiro – Lugo», coa solicitude de colaboración económica para a súa execución. A documentación foi enviada tras os contactos mantidos entre ambas administracións hai unhas semanas e recolle un conxunto de actuacións necesarias para garantir a correcta conservación e o mantemento dun equipamento cultural de referencia para o municipio.

Desde o Concello sublíñase a urxente necesidade de acometer as intervencións co obxectivo de asegurar o bo estado das instalacións e o adecuado desenvolvemento da actividade cultural que se programa nelas ao longo do ano. O Teatro Pastor Díaz é un espazo de uso habitual para a veciñanza de Viveiro e para entidades culturais locais.

O Concello de Viveiro queda á espera da resposta da Deputación de Lugo para poder avanzar na execución destas actuacións, consideradas prioritarias.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...