InicioOccidentalXoveXove mantén aberto o prazo de solicitude de plantas en Agricultura

Xove mantén aberto o prazo de solicitude de plantas en Agricultura

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove lembra a todos os veciños e veciñas que segue aberto o prazo para solicitar árbores froiteiras, autóctonas, ornamentais e plantas de xardínata o vindeiro 30 de decembro.

Como vén sendo habitual cada ano, o Departamento de Agricultura do Concello de Xove pon en marcha esta campaña co obxectivo de fomentar a plantación de especies forestais, árbores autóctonas, froiteiras e plantas ornamentais á vez que trata de potenciar a repoboación con especies autóctonas e mellorar o adecentamento de xardíns e espazos privados.

Así mesmo, o Concello de Xove pretende facilitar aos seus veciños e veciñas o acceso ás especies demandadas a prezos competitivos, evitando desprazamentos innecesarios aos viveiros da comarca e ofrecendo unha maior comodidade na adquisición das plantas.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...