Desde Servizos Sociais, Sanidade Muller e políticas de Igualdade do Concello de Xove continuamos coa axenda do mes de novembro, mes dedicado a eliminación da violencia contra as mulleres, cuxo día internacional se conmemora o 25N. Forman parte da guía de actividades: unha marcha reivindicativa contra a violencia machista, en colaboración coa asociación de mulleres pola igualdade, BUMEI; dous eventos educativos en igualdade para a infancia e a xuventude, e un acto conmemorativo o 25N “Sementamos memoria”, un pensamento por cada unhas das vítimas mortais da violencia contra as mulleres durante este 2025.
A axenda do 25N en Xove para este mes de novembro é a seguinte:
-O 15N Andaina de 10 km contra a violencia machista. Saída ás 10:30 h, desde a Praza do Concello. Organizada en colaboración con BUMEI.
-O 20N: Ás 11:00 h, no Salón de Actos: Contacontos teatralizado en Igualdade: “Vamos ao recreo”. Público infantil.
-O 25N: Iluminación e colocación do gran lazo violeta na fachada do Concello, pola eliminación da violencia contra a muller.
-O 25N: Ás 11:30 h, no Parque do Concello: Acto conmemorativo: “Sementamos memoria”: En colaboración co CEIP Pedro Caselles, plantarase unha flor de pensamento por cada vítima da violencia machista deste 2025. Acto aberto a todos os públicos.
-O 27N: Ás 11:00 h, no Salón de Actos: Contacontos teatralizado en Igualdade: “Expectativa VS Realidade”. Público xuvenil.
