InicioOccidentalXoveXove abre unha nova ruta natural para practicar sendeirismo

Xove abre unha nova ruta natural para practicar sendeirismo

Esta nova vía era un carreiro estreito e o seu tránsito foi quedando relegado a apenas os titulares de parcelas próximas ata que finalmente quedou prácticamente en desuso

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove vén de inagurar unha nova ruta que vai conectar o mesmo centro de Xove co parque multideportivo de Pump Track situado na entrada da vila accedendo dende o lado de Cervo, e con opción da continuidade hacia a Ruta dos Muíños, ofrecendo así a veciños e visitantes unha oportunidade única para desfrutar do entorno natural e á vez promover a actividade física.

Esta adecuación supuxo un investimento municipal de 48.346 € e contou coa axuda de 38.677 € da Consellería de Medio Ambiente ao abeiro do programa Galicia Refuxio Climático.

As obras de acondicionamento foron levadas a cabo pola empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa SL e consistiron principalmente nun acondicionamento íntegro dun camiño primitivo empregado en algún tempo polos veciños da Rigueira para acceder ao centro de Xove.

O carreiro era estreito e o seu tránsito foi quedando relegado a apenas os titulares de parcelas próximas ata que finalmente quedou prácticamente en desuso. Pero agora, tralas obras importantes levadas a cabo para o seu arranxo, a veciñanza e os visitantes poderán desfrutar dunha ruta que permitirá aos usuarios aproveitar un entorno natural e de gran beleza paisaxística podendo unir o centro de Xove, co parque multideportivo e seguidamente darlle continuidade ata a Ruta dos Muíños.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...