InicioOccidentalXoveReformas no centro social das Gulpilleiras en Xove

Reformas no centro social das Gulpilleiras en Xove

Ata o momento a fachada principal da edificación presentaba abundantes patoloxías constructivas como desconchados, humidades e manchas permanentes, e polo tanto precisaba dunha renovación urxente do acabamento exterior das fachadas

Publicada o

- Advertisement -

A empresa Saiju SL foi a encargada de realizar unhas obras de acondicionamento e mellora dunha instalación municipal situada na parroquia de A Rigueira, no concello de Xove, que fai a función de Centro Social no lugar das Gulpilleiras.

Ata o momento a fachada principal da edificación presentaba abundantes patoloxías constructivas como desconchados, humidades e manchas permanentes, e polo tanto precisaba dunha renovación urxente do acabamento exterior das fachadas (paramentos cegos), posto que supoñía un impacto paisaxístico importante como consecuencia dun deficiente estado de conservación da tonalidade e da intensidade da actual cor da fachada, así como abundantes deficiencias no interior do local provocadas pola entrada de humidade.

Deste xeito foi necesario o tratamento da fachada da edificación destinado a Centro Sociocultural coas obras de pintado que se executaron, e que a súa vez fan de tratamento impermeabilizante, xa que se mellorou a estética xeral exterior da edificación e se melloraron as condicións da habitabilidade interior da mesma.

O importe das obras a executar foi de 24.805,00 €, sendo financiado da seguinte maneira: o 70% desa cantidade foron sufragados dentro dunha liña de subvencións da Xunta de Galicia para correcións de impactos paisaxísticos a través do Insituto de Estudos do Territorio e o 30% restante foron con aportación das arcas municipais.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...