InicioOccidentalXoveGran concentración diante do centro Saúde de Xove este mércores

Gran concentración diante do centro Saúde de Xove este mércores

A Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña sinala que "até hai uns meses o centro de saúde contaba con dúas médicas fixas que coñecían a todas e todos os pacientes polo seu nome e os seus antecedentes persoais ou a historia da súa enfermidade".

Publicada o

- Advertisement -

Unha multitude de persoas achegáronse ao Centro de Saúde de Xove en demanda dunha atención sanitaria estable e de calidade, co cen por cen do persoal.


A Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña sinala que “até hai uns meses o centro de saúde contaba con dúas médicas fixas que coñecían a todas e todos os pacientes polo seu nome e os seus antecedentes persoais ou a historia da súa enfermidade”.

Foi a partir da xubilación dunha delas e que non foi substituída “o pobo de Xove viviu de primeira man como se deixou de garantir a súa atención sanitaria”. Segundo informa a Plataforma, desde ese momento unha soa profesional tivo que facerse cargo das urxencias do cupo da médica que non se substituiu, “facendo un enorme esforzo e mesmo fóra de horario”.

Desde a Xerencia da Área “o único que se fixo foi repetir o mantra de que a asistencia sanitaria estaba garantida e reunirse cos alcaldes e alcaldesas do Partido Popular, entre eles o de Xove que se adicaron a lanzar falsidades para calmar a reclamación social dunha comarca que está a sair á rúa masivamente en demanda de atención sanitaria”.


Ante esta situación fíxose unha recollida de case setecentas sinaturas en demanda da cobertura da totalidade das prazas de facultativos “na Mariña e en Xove non nos valen parches nin persoas en formación”, sinala Montse Porteiro, coordinadora da plataforma sanitaria.


No transcurso da concentración o veciño de Xove e integrante da Plataforma Sanitaria da Mariña, Xosé Durán leu un manifesto e asegurou que “todas e todos somos pacientes“, tamén o alcalde ausente de Xove, o xerente da área sanitaria e o conselleiro de sanidade.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...