InicioOccidentalXoveFinalizan as Mañás Activas en Xove deste verán de 2025

Finalizan as Mañás Activas en Xove deste verán de 2025

Publicada o

- Advertisement -

Desde o 1 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 55 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos, participaron de luns a venres dunha variada axenda de actividades de lecer dentro do proxecto de voluntariado xuvenil “Mañás Activas”.

Durante estes dous meses de verán a rapazada gozou de obradoiros temáticos de manualidades, xogos de grupo, xogos multideporte, dun taller de robótica educativa, do campamento dixital da Fundación Cibervoluntarios e ata dunha excursión ao Urban Planet de Oleiros con parada na Praia do Lago de As Pontes onde o grupo gozou dun día inolvidable. Este programa completouse coas actividades deportivas ao aire libre monitorizadas por “Roq Sport” e alguna que outra visita á praia.

A programación das “Mañás Activas” foi coordinada polo persoal técnico da OMIX e as monitoras Samara Martínez Cordido e Alba Rodríguez Tapia xunto co grupo de voluntariado formado nesta edición por Carla Míguez Méndez, Eva Dean Durán, Daniel Felipe Garnica Díaz, Ángela Cristina Blanco Laza e Eduardo Flores Escobar.

O día 29 de agosto, o alcalde Demetrio Salgueiro Rapa xunto coa Concelleira de Deportes e Xuventude Cristina Iglesias Guerreiro, acompañaron ás nenas e nenos na festa de remate, poñendo en valor a participación da mocidade neste proxecto fixeron entrega dun agasallo ao equipo voluntario e ás monitoras como recoñecemento a súa colaboración e bo traballo.

Estas actividades están organizadas pola Concellerías de Xuventude, Deportes e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa de voluntariado xuvenil como oferta de conciliación e lecer no verán.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...