InicioOccidentalXoveO BNG levará ao Parlamento o problema do centro de saúde de...

O BNG levará ao Parlamento o problema do centro de saúde de Xove

O deputado Daniel Castro reuniuse con concelleiros nacionalistas deste concello para recoller información sobre o estado da atención sanitaria no concello xovense

Publicada o

- Advertisement -

O BNG levará até o Parlamento de Galicia os problemas que sofre o centro de saúde de Xove ante a falta de persoal. Desta maneira, o deputado Daniel Castro reuniuse con concelleiros nacionalistas deste concello para recoller información sobre o estado da atención sanitaria no concello xovense.

Ante esta situación, e tras as numerosas queixas da poboación, o BNG procedeu á recoller sinaturas entre a veciñanza (perto de 700 foron recollidas en poucos días) para trasladarlla ao Xerente da Área Sanitaria a grave situación que se estaba dando en Xove. Poucos días despois, alcaldes do Partido Popular da comarca reúnense coa Xerencia da Área Sanitaria en Lugo e anuncian que priorizarán a máxima cobertura nos centros de saúde da A Mariña durante o verán. Como pode comprobarse, desgrazadamente, tanto a xerencia coma os alcaldes e alcaldesas alí presentes, de Xove, O Vicedo, Viveiro e Cervo minten e prometen cousas que logo non cumplen. O Partido Popular sigue a xogar coa nosa saúde” manifestou a portavoz municipal do BNG en Xove, Pilar Vázquez.

Conclúen desde o BNG que a asistencia sanitaria non está garantida en Xove, e o deputado mariñao Daniel Castro anunciou xa a presentación en sede parlamentaria de varias iniciativas, por un lado para que os responsables díen conta das xestións feitas ao respecto e por outro lado para esixir que se cubra a praza de xeito permanente, e que Xove teña sempre dúas médicas.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...