InicioOccidentalXoveO PSdeG de Xove satisfeito coa aprobación definitiva do convenio de estradas

O PSdeG de Xove satisfeito coa aprobación definitiva do convenio de estradas

Os socialistas critican a incoherencia do BNG por opoñerse a un acordo esencial para mellorar as estradas do municipio

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Xove celebra a aprobación definitiva, no pleno extraordinario celebrado este mércores, do convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello para reparar a rede de estradas provinciais. A iniciativa permitirá investir máis de 1,6 millóns de euros na mellora viaria do municipio, con actuacións que beneficiarán de xeito directo a todas as parroquias.

A formación socialista considera cumprido un dos principais compromisos asumidos coa veciñanza nesta lexislatura. Destacan que este convenio foi posible grazas á colaboración socialista e que permitirá rematar con dezaoito anos de abandono das infraestruturas viarias. “Levamos anos soportando camiños en estado lamentable mentres PP e BNG miraban para outro lado. Agora que por fin se desbloquea a situación, o BNG vota en contra. Nin nós nin a veciñanza o entendemos”, sinalan desde a agrupación.

O PSdeG de Xove reafirma así a súa aposta por unha política útil, seria e comprometida co territorio. “Temos proxecto, principios e vocación de servizo para traballar polo noso pobo. Non estamos aquí para figurar, senón para facer cousas reais que melloren a vida da veciñanza”, afirman.

“Este acordo beneficia directamente á poboación da Rigueira, Penas Agudas, O Cruceiro, Portocelo, Lago, Morás, Sumoas… pero tamén simboliza o que queremos para Xove: investimento, dignidade e futuro. É só o principio. Seguiremos loitando por todo aquilo que o noso concello necesita”, conclúen.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...