O Concello de Xove presenta a cuarta edición do concurso de fotografía ‘O DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE: Cal é teu lugar preferido de Xove?’, que se organizada con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove organiza o certame de fotografía para tres categorías de participación: Infantil, Xuvenil e Adulto, nas cales poderá concorrer calquera persoa ata o 23 de maio, enviando ata tres fotografías dalgún lugar do municipio de Xove que sexa especial para elas. O obxectivo do concurso é poñer en valor aquelas contornas do concello de Xove máis descoñecidas. Para iso repartiranse ata 180 euros en premios entre as imaxes máis votadas polo público. Todas aquelas persoas interesadas en participar poden consultar as bases do concurso na páxina web do Concello de Xove: www.xove.es
