InicioOccidentalXoveXove presenta o cartel da Festa do Polbo 2025

Xove presenta o cartel da Festa do Polbo 2025

Publicada o

- Advertisement -

Presentación do Cartel da Festa do Polbo de Xove 2025 a cargo do grupo de hostaleiras e hostaleiros organizadores, do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Cultura, Dolores Meitín.

A XXI edición da popular Festa do Polbo de Xove será o vindeiro Xoves Santo, 17 de abril, a partir das 19:00 h nos locais organizadores de Xove: Bar Pepe, Cafetería A Roda, A Fuga, La Cívica, Os Faroles, O Cabaliño, Antoxo e Pulpería-Bar Cociña e Bar O Refugio. A partir de 15 euros poderase degustar unha rica ración de polbo, un dos produtos máis populares da nosa gastronomía.

A cea estará animada pola percusión da comparsa Habelas Hainas de Barreiros, por tódolos locais participantes”. O Concello de Xove anima á veciñanza e aos visitantes de toda A Mariña a participar nesta festa gastronómica.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...