InicioOccidentalXoveFundación Amancio Ortega e Aspanane asinan un convenio para un centro residencial...

Fundación Amancio Ortega e Aspanane asinan un convenio para un centro residencial en Xove

Situado sobre unha parcela dotacional de máis de 6.000 metros cadrados cedida polo Concello de Xove, o proxecto arquitectónico prevé a construción de 4 plantas cunha superficie total de preto de 4.000 metros cadrados destinados aos residentes

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Amancio Ortega e a Asociación Aspanane asinaron un convenio de colaboración para a construción dun centro residencial en Xove para adultos con discapacidade intelectual.

O centro, cuxa construción e equipamento asumirá integramente a Fundación Amancio Ortega cunha achega de 10 millóns de euros, contará con 50 prazas destinadas a ofrecer unha atención integral e multidisciplinar en réxime residencial aos seus usuarios. Contará con servizos de aloxamento, atención especializada, rehabilitación, atención psicolóxica e atención social.

Situado sobre unha parcela dotacional de máis de 6.000 metros cadrados cedida polo Concello de Xove, o proxecto arquitectónico prevé a construción de 4 plantas cunha superficie total de preto de 4.000 metros cadrados destinados aos residentes.

A organización da residencia, informou a Fundación Amancio Ortega, parte da idea de crear pequenas unidades de convivencia, rompendo coa forma máis tradicional de atención en centros residenciais, e asentando o seu deseño no concepto de fogar. Terá un total de 6 unidades de convivencia, cada unha delas con espazos comúns para lecer e descanso.

O edificio contará con todas as medidas tecnolóxicas e de eficiencia enerxética máis innovadoras. O financiamento achegado pola Fundación Amancio Ortega inclúe tamén todo o equipamento necesario para atender os distintos servizos (residencial, administración, enfermaría, rehabilitación e servizos auxiliares).

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...