InicioOccidentalXoveA xeorruta 'Xove, unha ollada baixo a alfombra' descobre o aspecto das...

A xeorruta ‘Xove, unha ollada baixo a alfombra’ descobre o aspecto das rochas da codia terrestre

Publicada o

- Advertisement -

Os asistentes á Xeoruta Xove, unha ollada baixo a alfombra, que tivo lugar o pasado domingo guiada polo doutor en xeoloxía, Fran Canosa, puideron observar o aspecto das rochas nas profundidades da codia terrestre. A actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña.

Un total de 25 persoas achegáronse a unha mestura de rochas ígneas de todas as composicións, deformadas a altísima presión e temperatura, instruíndose entre si e no encaixante metamórfico. Un espectáculo enmarcado en formacións actuais (praias rochosas e campos de dunas) de gran beleza.

Os asistentes procedían dos concellos de Castro Ribeiras de Lea, Noia, Foz, As Pontes, Valdoviño, A Coruña, Mondoñedo, Barreiros e Monforte de Lemos.

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense retomou a programación de actividades de Xeoturismo, posta en marcha o pasado mes de decembro a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola propia Mancomunidade, pola Xunta de Galicia e pola Secretaría de Estado de Turismo.

Todas as actividades de xeoturismo son gratuítas e están abertas ao público, pero é preciso anotarse previamente a través deste enlace. Neste momento quedan prazas libras para a visita guiada á Frouxeira que terá lugar o domingo 22 de setembro

https://amarinalucense.gal/es/geoturismo

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...