InicioOccidentalXoveXove abre o prazo para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras

Xove abre o prazo para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras

Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

O departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove informamos que xa está ABERTO o PRAZO ata o 30 de setembro para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras “Coas nosas mans” do Concello de Xove, que se celebrará en Xove o próximo 5 de outubro.


Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es


As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello: 982592001 ata o 30 de setembro

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...