InicioOccidentalXovePresentado o Cartel da Festas das Flores en Xove que se celebrará...

Presentado o Cartel da Festas das Flores en Xove que se celebrará o 18 de maio

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe tivo lugar a presentación do cartel da Festa das Flores, tamén chamada Fillas de María que terá lugar en Xove este sábado 18 de maio de 2024, e que se desenvolverá na rúa Doutor José Baamonde Illade e na Rúa Xove, máis coñecida como a Rúa da Igrexa; onde se colocarán os postos do Mercado Tradicional e haberá demostración de oficios tradicionais.

Sobre as 11:30h as rúas de Xove estarán animadas pola grupo de gaitas da Asociación Cultural de Saiñas  e a charanga NBA, as 12:00h terá lugar a Misa solemne con ofrenda floral á Virxe, destacar que o horario da misa modificouse para as 12:00h. Sobre as 14:15h comezará a sesión vermú co GRUPO RUBÍ; a partir das 22:00h verbena co grupo RUBÍ e discomóbil CONXURO, e degustarase QUEIMADA POPULAR.

Ao longo da mañá e da tarde realizaranse distintos obradoiros para nenas e nenos con temática de flores; a partir das 17:00h inchables, Obradoiro de Cerámica de 17:00h a 18:30h, Contacontos con Caxoto ( A taberna dos contos) de 18:00h a 19:00h.

Animamos a todas as veciñas e veciños así como dos pobos dos arredores a vir disfrutar desta bonita festa durante todo o día, para comer contamos co BAR PEPE, A FUGA, A CÍVICA, O REFUGIO, ONDE SEMPRE, BAR COCIÑA E BAR A CANCELA, entre outros.

A caracterización desta festa son vestimentas en cor branco e azul.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...