InicioOccidentalXoveA parroquia de Monte, en Xove, celebrará as súas festas patronais o...

A parroquia de Monte, en Xove, celebrará as súas festas patronais o 6 e 7 de abril

Publicada o

- Advertisement -

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as Festas Patronais da Parroquia en Honra a San Isidoro os vindeiros 6 e 7 de abril, con arranxo ao seguinte programa:

SÁBADO, 6 DE ABRIL:

-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.

-14:00 horas.- Sesión Vermú co “Duo Belinda”.

-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.

-17:00 horas.- Verbena con: “DUO BELINDA” e GRUPO FENIX”. Para esta verbena a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble, 1 trofeo para mellor parella de bachata.

DOMINGO, 7 DE ABRIL:

-10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 646 647 619.

Sobre a ruta a cabalo: “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo”.

-14:00 horas.- Sesión Vermú cunha ACTUACIÓN ESTELAR

-17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena cunha ACTUACIÓN ESTELAR.

A Comisión de Festas dispón dunha carpa na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.

A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.


ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...