InicioOccidentalXoveVisita de estudantes franceses ao Concello de Xove en intercambio

Visita de estudantes franceses ao Concello de Xove en intercambio

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 28 estudiantes  do College Lucie Aubrac  da comuna francesa (concello) de Villemandeur, ubicada na rexión Centro do departamento de Loiret, a algo máis de cen km ao sur de París, están de intercambio co IES Illa de Sarón de Xove e o IES de Foz. Deste grupo, 13 estan ubicados en Xove.

Lóxicamente, tal como sucede nun intercambio deste tipo, dende o IES Illa de Sarón se lles preparou un amplo programa de actividades: o luns foron á Pastoriza onde aprenderon e practicaron xogos tradicionais e Paintball; o martes visitaron a fábrica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados, o Barco Museo de Burela e tamén visitaron a lonxa; o mércores foron a Santiago onde viron a catedral e o Museo do Pobo Galego; o xoves  pasaron o día en Xove, onde foron recibidos no Concello; hoxe venres visitarán Viveiro e o sábado pasarán o día coas familias acolledoras.


Este intercambio completarase coa viaxe a Francia (devolución de visita) que realizarán os nenos de Xove e de Foz na segunda semana de abril.

ÚLTIMAS

Ribadeo abre a inscrición para as actividades de verán

Do 20 o 24 de maio estará aberta a inscrición para participar nas actividades...

Viveiro conmemorou as Letras Galegas con actividades no Pastor Díaz

O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades...

Comezan as I Xornadas da Cabala organizadas por ACISA Ribadeo

Arrincaron este venres en Ribadeo as Xornadas da Cabala, que organiza Acisa coa colaboración...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...