InicioOccidentalXovePresentado o XXXIII Curso de Música de Semana Santa en Xove

Presentado o XXXIII Curso de Música de Semana Santa en Xove

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove presentou este pasado mércores o 33º Curso de Formación Orquestal. O acto tivo lugar no Salón de Plenos do Concello, coa participación do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o Director do Curso Xan Carballal.

Esta 33ª edición do Curso de Formación Orquestral  introduce este ano unha gran novidade, xa que a temática desta edición será en formato de conto musical que compartirá tamén coa organización e traballo de grupos de música de cámara.

Tanto o texto coma a música, foi elaborado para a 33ª edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa que organiza a Asociación Prestoxove baixo o patrocinio do Concello de Xove.

A música do conto está composta por Xan Carballal director do curso de Formación Orquestral e a lírica composta por Xulia Nogueira, directora da Escola Municipal de Música de Xove.

Nesta edición os profesores invitados serán Nazaret Canosa encargada da sección de violíns, Clara Martínez encargada da sección de violas e chelos e Sofía Canoura encargada da sección de vento desta edición.

A composición musical ten carácter popular e está pensada para que poda ser interpretada tamén por nenos, así coma a lírica que ten carácter infantil.

O conto musical Unha perla no mar está inspirado en dúas lendas recollidas no libro editado polo Concello de Xove e cuxas lendas foron recollidas polos alumnos do Colexio público de Xove no ano 1989, titulado A fonte da vida longa.

O núcleo central da lírica o forman dúas lendas, escollidas do libro A fonte da vida longa, o conto está adornado con personaxes e figuras que aparecen noutras lendas recollidas neste libro. O conto vai apoiado nun soporte visual de diapositivas que axudan a recrear as escenas con maior realidade.

Nesta representación participarán os alumnos da 33ª edición do curso de Formación Orquestral de Semana santa, os alumnos da Escola Municipal de Música de Xove, asociación de Xove coma Saíñas que colaborarán na interpretación musical, a asociación Bolboretas que colaborará na realización do atrezzo para o escenario, e outras persoas de Xove que de xeito individual participarán en diferentes papeis, como cantantes, narradora, músicos, equipo de son e imaxe.

A organización do curso é semellante a anos anteriores, en horario de 10:30 a 14:00h serán ensaios seccionais e xerais de orquestra no colexio de Palmeiro, e nese mesmo horario serán os ensaios de escena no Salón de actos do Centro Cívico. As tardes dedicaranse en horario de 16:00 a19:00h aos ensaios de música de cámara e á montaxe dos elementos decorativos do esceario.

Coma en edicións anteriores o curso está aberto a todos os alumnos de corda e vento que queiran participar e con diferentes niveis instrumentais.

O martes 26 ás 18:00 horas ofrecerán os alumnos de cámara un concerto con diferentes formacións, e o mércores 27 ás 19:00 horas terá lugar a clausura do curso coa representación do conto musical interpretado por todos os participantes anteriormente indicados.

ÚLTIMAS

Ribadeo abre a inscrición para as actividades de verán

Do 20 o 24 de maio estará aberta a inscrición para participar nas actividades...

Viveiro conmemorou as Letras Galegas con actividades no Pastor Díaz

O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades...

Comezan as I Xornadas da Cabala organizadas por ACISA Ribadeo

Arrincaron este venres en Ribadeo as Xornadas da Cabala, que organiza Acisa coa colaboración...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...