InicioOccidentalXoveXove destina máis de 300.000 euros para axudas a diferentes entidades

Xove destina máis de 300.000 euros para axudas a diferentes entidades

O alcalde, Demetrio Salgueiro, sinalou que "é unha cantidade econòmica importante a que cada ano se destina para fomentar o deporte, a cultura e as iniciativas de carácter social".

Publicada o

- Advertisement -

O Salón de Plenos do Concello acolleu na tarde de onte a máis de medio cento de representantes das distintas entidades, clubs deportivos e asociacións, nunha xuntanza informativa.

María Rego, técnica encargada da tramitación das subvencións, e Fátima López, arquitecta técnica do Concello de Xove, encargáronse de explicar cales son os trámites que hai que levar a cabo, así como a documentación necesaria e os prazos necesarios para tramitar as axudas municipais, para as cales o Concello de Xove destina unha partida este ano de 333.175 euros.


Estiveron presentes na xuntanza o Alcalde, Demetrio Salgueiro e as Concelleiras Dolores Meitín de Cultura, Cristina Iglesias de Deportes e Cecilia Duarte de Turismo. Pola súa parte, Demetrio Salgueiro sinalou que “é unha cantidade econòmica importante a que cada ano se destina para fomentar o deporte, a cultura, as iniciativas de carácter social e a promocionar todo tipo de actividades lúdicas para o desfrute de toda a veciñanza”.


Tamén destacou que a axuda e apoio dende o Concello non é só económica, xa que tamén se proporciona asesoramento, non olvidando o intenso uso que as distintas asociacións e clubs fan das instalacións deportivo-culturais do Concello dun xeito totalmente gratuito.

ÚLTIMAS

Ribadeo abre a inscrición para as actividades de verán

Do 20 o 24 de maio estará aberta a inscrición para participar nas actividades...

Viveiro conmemorou as Letras Galegas con actividades no Pastor Díaz

O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades...

Comezan as I Xornadas da Cabala organizadas por ACISA Ribadeo

Arrincaron este venres en Ribadeo as Xornadas da Cabala, que organiza Acisa coa colaboración...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...