InicioOccidentalXoveXXIX Festa da Terceira Idade en Xove

XXIX Festa da Terceira Idade en Xove

Publicada o

- Advertisement -

A Festa da Terceira Idade, que xa vai pola súa XXIX edición, vai dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos cos seus cónxuxes ou parellas do noso Concello.  A mesma vai desenvolverse este venres con actividades durante todo o día, e con arranxo ao seguinte programa:

-12:30 horas.- Misa na Igrexa Parroquial de Xove, acompañada por un Trio de Cordas da Escola Municipal de Música.

-14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.

Unha vez rematado o xantar, por parte do Concello, vaise facer entrega dun agasallo aos máis maiores da Festa, home e muller.

Posteriormente todos os participantes van disfrutar dun baile.

O Concello, o mesmo que en edicións anteriores, pon autobuses gratutitos a disposición de tódolos participantes que así o queiran, tanto para ida como para o retorno.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...