InicioOccidentalXoveTeatro en Xove coa actuación da compañía Adala este sábado

Teatro en Xove coa actuación da compañía Adala este sábado

Publicada o

- Advertisement -

Mañá, sábado 21 de outubro, ás 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Adala Teatro de Fazouro vai por en escena a comedia “Vivan os noivos”. Esta actuación pertence ao Circuito de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do noso Concello. Entrada libre e para todos os públicos.

A OBRA

Sinopse: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facerse cargo do coidado dos seus respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose no apoio o un do outro. Finalmente, como o roce fai o cariño, deciden marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu amor.

Autoría: Creación propia do grupo. Dirección: Luisa Oroza e M.ª Antonia García.

Elenco: 9 actrices e actores.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...