InicioOccidentalXoveXove organiza concertos de promoción da Escola Municipal de Música

Xove organiza concertos de promoción da Escola Municipal de Música

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove presentou este xoves ás 10:00 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán e ás 10:45 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón, cinco profesores da Escola Municipal de Música de Xove realizaron un pequeno concerto didáctico en cada un dos citados centros educativos. Con estes dous concertos abríronse as actividades do Curso 2023-2024 da Escola Municipal de Música de Xove.

Os mesmos tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música, dado que a preinscrición inda non remata ata finais deste mes de setembro.

Os concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Seguindo coa Escola Municipal de Música, decir que o venres 29 de setembro, ás 16:00 h. terá lugar a presentación oficial do Curso 2023-2024, acto que se vai realizar na sé da Escola en Palmeiro, ao cal están invitados tódolos pais e alumnos da mesma.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...