InicioOccidentalViveiroViveiro acolle as xornadas de convivencia "O Comercio Inclúe" entre o CCH...

Viveiro acolle as xornadas de convivencia “O Comercio Inclúe” entre o CCH e ASPANANE

“É unha maneira de dar visibilidade pero tamén é unha maneira de ofrecerlles a oportunidade de coñecer de primeira man o que é traballar fora do centro ocupacional”, subliña pola súa parte Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura e Muller. 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, continuando na liña de traballo pola inclusión que mantén durante todo o ano, promove unhas xornadas de convivencia entre o Centro Comercial Histórico de Viveiro e a asociación Aspanane co nome de ‘O Comercio inclúe’.

Co gallo da celebración do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, o grupo de goberno impulsa esta iniciativa, que incluirá a persoas con diversidade funcional en diferentes establecementos da vila co obxectivo de que teñan a experiencia de traballar nos diferentes eidos do comercio de Viveiro, normalizando o consumidor a súa presenza detrás do mostrador ou en diferentes postos de traballo.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que “temos un compromiso claro coa inclusión, unha prioridade de goberno para nós, e está iniciativa é un paso máis dentro do camiño iniciado co programa ‘Viveiro Inclúe’”.

“É unha maneira de dar visibilidade pero tamén é unha maneira de ofrecerlles a oportunidade de coñecer de primeira man o que é traballar fora do centro ocupacional”, subliña pola súa parte Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura e Muller.

“Esperamos que sexan unhas xornadas enriquecedoras para todos, e agradecemos como sempre a implicación de Aspanane en todas as nosas propostas así como a colaboración do Centro Comercial Histórico de Viveiro e dos establecementos que son pioneiros neste evento. Esperamos que a iniciativa creza e se repita noutras épocas do ano e, por que non, xurdan novas colaboracións ou mesmo algún posto de traballo para os usuarios ou usuarias de Aspanane”, engade a concelleira.

Dende o Centro Comercial Histórico de Viveiro tamén apostan porque o sector comercial e de servizos da vila sexan lugares de inclusión e agradecen ao Concello e a Aspanane o seu “grandísimo traballo” neste eido, así como ós seus asociados o feito de sumarse á iniciativa.

“Debemos sensibilizarnos con este tema para que as persoas con algún tipo de diversidade funcional se sentan a gusto nos nosos negocios. Coñecelos dende dentro, como se traballa, como se atende ó publico, e como se xestionan distintos negocios é un paso máis para facer un comercio máis inclusivo”, defende Isabel Méndez, xerente do Centro Comercial Histórico de Viveiro.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...