InicioOccidentalViveiroViveiro rende homenaxe ás vítimas do naufraxio da fragata 'Magdalena' e o...

Viveiro rende homenaxe ás vítimas do naufraxio da fragata ‘Magdalena’ e o bergantín ‘Palomo’

"Un suceso horrible que tivo gran repercusión en toda España e que aparece recollido na literatura popular a través de coplas e romances; en diversas obras de arte, como é caso das pinturas de Xosé Luis Neira Brochs; ou no cómic creado por Primitivo Marcos Ferreiro, con motivo do bicentario deste tráxico suceso, nunha obra que recrea de forma minuciosa e detallista o afundimento”, suliñou María Loureiro sobre a catástrofe ocorrida na noite do 2 ao 3 de novembro de 1810.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu este domingo un acto en recordo das vítimas do naufraxio da fragata ‘Magdalena’ e do bergantín ‘Palomo’ presidido pola alcaldesa, María Loureiro, que estivo acompañada polo delegado provincial da Real Liga Naval Española xunto a outras autoridades civís e militares. Contou cola colaboración da Armada Española, o Coro ‘Sons do Celeiro’ e a Banda de ‘Cornetas e Tambores’ de Viveiro.

A homenaxe comezou cunha recepción no atrio da Igrexa Parroquial de San Juan de Covas, onde se celebrou unha misa en recordo das vítimas dun dos feitos máis terribles e dolorosos da historia de Viveiro. A comitiva trasladouse despois ata o Paseo Marítimo onde está situado o monumento aos náufragos, ‘Os Castelos’, para depositar unha coroa de loureiro ao pé da imaxe.

“Con este emotivo acto queremos homenaxear ás máis de cincocentas vítimas daquel naufraxio, que se converteu nunha das maiores traxedias marítimas ocorridas na costa española, un suceso horrible que tivo gran repercusión en toda España e que aparece recollido na literatura popular a través de coplas e romances; en diversas obras de arte, como é caso das pinturas de Xosé Luis Neira Brochs; ou no cómic creado por Primitivo Marcos Ferreiro, con motivo do bicentario deste tráxico suceso, nunha obra que recrea de forma minuciosa e detallista o afundimento”, suliñou María Loureiro sobre a catástrofe ocorrida na noite do 2 ao 3 de novembro de 1810.

“Estou convencida de que poucas cousas hai máis importantes para os veciños e veciñas dun pobo que coñecer o seu pasado e a súa historia, os acontecementos máis alegres e tamén os momentos duros e tráxicos”, continuou a alcaldesa de Viveiro, quen recuperou algunhas das verbas que recolleu Primitivo Marcos no cómic publicado con motivo do bicenterario da traxedia.

“Percorréronse as casas da vila e as aldeas na procura de canto puidese ser de axuda para socorrer aos feridos da catástrofe”, recordou antes de engadir: “As xentes do lugar, ricos algúns, pobres a maioría, abriron as súas casas, compartiron as súas meses e deron consolo e abrigo a cantos o precisaron”.

Tras esta citas, María Loureiro insistiu en que “igual que os veciños e veciñas de Viveiro actuaron naquel entón, cun comportamento exemplar, agora nos corresponde a nós manter vivo na lembranza e recordo daquel histórico suceso, honrando as vítimas de daquel naufraxio”.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...