InicioOccidentalViveiroViveiro celebra o Día das Bibliotecas con talleres de escritura creativa para...

Viveiro celebra o Día das Bibliotecas con talleres de escritura creativa para os máis novos

"Queremos fomentar non só a escritura, senon dar ferramentas para os nenos e nenas que queiran aprender a escribir ou a expresarse mellor na escritura" di a concelleira de Cultura, Lara Fernández.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra hoxe, 24 de outubro, o Día das Bibliotecas poñendo en valor a riqueza dun espazo cultural referencia na vila para todos os veciños e veciñas, e recordando ademais unha actividade que se celebrará o próximo sábado.

“Estamos moi satisfeitas do funcionamento da nosa Biblioteca, sentímonos moi orgullosas deste espazo dentro do noso concello e cada ano temos máis usuarios e usuarias. Convertiuse nun lugar de referencia na nosa vila e nun espazo cultural inmenso no que temos moita cultura para consumir e para crecer como persoas. Convidamos a todos os veciños e veciñas a que acudan á Biblioteca tanto este luns, o Día das Bibliotecas, como o resto do ano”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

Dentro da ampla programación que ao largo do ano recolle a Biblioteca Municipal de Viveiro destaca o Taller de Escritura Creativa este próximo sábado, 29 de outubro. De carácter totalmente gratuito e dirixido á xuventude entre os 8 e os 18 anos, a actividade desenvolverase entre as 11:00 e as 12:30 horas.

“Queremos fomentar non só a escritura, senon dar ferramentas para os nenos e nenas que queiran aprender a escribir ou a expresarse mellor na escritura. Pode servirlles para moitos ámbitos da súa vida, xa sexa para escribir relatos, libros ou incluso para facer exames ou traballos nos centros educativos”, suliña Fernández-Noriega, que insiste en que dende o Concello de Viveiro se quere “fomentar así as diferentes áreas dentro da Biblioteca Pública Municipal”.

Os interesados en desfrutar deste Taller de Escritura Creativa poden apuntarse chamando ao número de teléfono da Biblioteca (982 57 06 06) para reservar a súa praza no horario de 08:30 a 15:00, e de 16:30 a 20:30 horas.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...